A Fundación Montecelo, o nome completo da cal é Fundación Galega de Iniciativas Socias e Culturais Montecelo, constituíuse o 22 de xuño de 1994 en Escritura Pública ante o Notario de Santiago, José Antonio Montero Pardo.
Foi clasificada como benéfico-cultural privada por Orde da Consellería de Presidencia e Administración pública, do 12 de xullo de 1994 (DOGA nº 146, do 30 de xullo), e declarada de interese galego e adscrita á Consellería de Cultura por Orde da Consellería de Cultura do 5 de setembro de 1994 (DOGA nº 182, do 20 de setembro). Figura inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 1994/1.
A Fundación Montecelo está inscrita no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia, o que lle permite operar no campo da cooperación internacional como unha ONG.
Na área fiscal, a raíz da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a Fundación Montecelo comunicou á Axencia Tributaria dende o primeiro exercicio hábil, a opción pola aplicación do réxime fiscal especial regulado no Título II da mencionada lei, opción que veu gozando ininterrompidamente dende entón.
Ten a sede legal en Avenida de Coimbra, 1, 15704 Santiago de Compostela, e figura co C.I.F Nº G15477532.