Colexio Maior La Estila

A Fundación Montecelo é a entidade titular do Colexio Maior La Estila, o que comporta xuridicamente o nomeamento das persoas que compoñen o Padroado de Goberno do Colexio Maior por períodos de cinco anos.

Aínda que ambas as dúas entidades son independentes, hai unha relación moi estreita e un compromiso por parte da Fundación de apoio aos proxectos culturais e formativos do Colexio Maior, así como aos programas de voluntariado que realiza.

O Colexio Maior ten unha ampla gama de actividades culturais dirixidas non só aos residentes senón a toda a comunidade universitaria, como ciclos de conferencias, cursos homologados pola Universidade de Santiago, faladoiros con profesores da Universidade e profesionais relevantes da cidade, etc.

O Programa Leader 3 está orientado a obter un alto rendemento académico, mellorar o traballo intelectual e obter boas cualificacións académicas.

A Acción solidaria semanal desenvólvese na atención a nenos hospitalizados, a persoas maiores e emigrantes.