A Fundación Montecelo ten como obxecto e fin fundacional promover, apoiar e financiar Actividades e proxectos de carácter cultural e social que contribúan á formación integral das persoas, en especial dos xoves.
Preferentemente, a Fundación actúa mediante a promoción e financiación de entidades que contribúan ao desenvolvemento das persoas, tales como centros docentes, colexios maiores, asociacións culturais, asociacións xuvenís, etc. cos que subscribe convenios de colaboración para a realización conxunta de Actividades.
Cando se constituiu, os fundadores non se plantexaron unha Fundación que traballara na primeira liña da formación e da cultura, senón máis ben que servise de apoio, non só financeiro, a aquelas entidades xa existentes. por iso, os beneficiarios primarios da súa actuación son as entidades sen finalidade lucrativa, para a través delas, nun segundo escalón, alcanzar toda unha multitude de persoas e de familias que xiran no seu contorno. de todos modos, tamén persoas singulares poden ser beneficiarias directas da Fundación.
A Fundación desenvolve as súas Actividades principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia.
