Finalidades e beneficiarios


A Fundación Montecelo ten por obxecto e fin fundacional promover, apoiar e financiar actividades e proxectos de carácter cultural e social que contribúan á formación integral das persoas, en especial dos mozos.
Preferentemente, a Fundación actúa mediante a promoción e financiamento de entidades que contribúan ao desenvolvemento das persoas, tales como centros docentes, colexios maiores, asociacións culturais, asociacións xuvenís, etc. cos que subscribe convenios de colaboración para a realización conxunta de actividades.

Cando se constituíu, os fundadores non se formularon unha Fundación que traballase na primeira liña da formación e da cultura, senón máis ben que servise de apoio, non só financeiro, a aquelas entidades xa existentes. Por iso, os beneficiarios primarios da súa actuación son as entidades sen finalidade lucrativa, para a través delas, nun segundo chanzo, alcanzar toda unha multitude de persoas e de familias que xiran no seu ámbito. De tódolos xeitos, tamén persoas singulares poden ser beneficiarias directas da Fundación.

A Fundación desenvolve as súas actividades principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia.