Os principios e valores que orientan a actividade da Fundación Montecelo, que se reflicten nos Estatutos e nas súas liñas de actuación, son:
– A formación integral das persoas require atender unha multitude de facetas, sen polarizacións, que a vertebren no seu conxunto, dende o respecto á dignidade de cada persoa ao coidado da natureza, dende a apertura ás artes e ás letras á práctica do deporte.
– As familias, os pais, son os primeiros responsables da formación da xuventude, polo que teñen o dereito e deber de ascender, soster e velar en todo o ámbito da educación.
– O fortalecemento dos hábitos de estudio e de traballo, xunto co desenvolvemento dun recto sentido crítico, son fundamentais na formación dos mozos.
– Para o progreso da sociedade é de máxima importancia o arraigamento dos valores inspiradores do humanismo cristián.